Quen somos
Emprendemos aquí unha nova andaina coa creación do grupo Saramaganta. Este grupo surxe como resposta ás inquedanzas surxidas por un grupo de biólogos e naturalistas galegos. Este grupo está formado por:
-Martiño Cabana
-Anxos Romeo
-Cosme Damián Romai Cousido
-Ricardo Ferreiro
-Rafael Vázquez
Para os que nos coñecedes, xa sabedes os nosos intereses. Para os que non, decirvos que somos entusiastas do medio natural e da súa flora e fauna. Traballamos e disfrutamos de observar e investigar ós anfibios, réptiles e aves de Galicia, aínda que difrutamos tamén coñecendo outros taxóns de animais e vexetais, como poden ser os mamíferos, odonatos, bolboretas diurnas, etc.
Desde sempre vimos realizando a maioría dos nosos estudos e observacións nos diferentes medios acuáticos que poboan a nosa terra. E por iso surxíu a idea de crear este grupo de traballo, chamado Saramaganta, para o estudo e conservación dos humidais e da flora e fauna asociados a ela. Sen embargo, non so nos centraremos nestes hábitats, xa que a fauna e flora da que disfrutamos non é exclusiva deles.
Desde Saramaganta, darvos a benvida a todos.
Nota: O manexo das diferentes especies de anfibios e réptiles realizado dentro do territorio galego foi realizado seguindo as técnicas adecuadas para a súa observación, estudo e fotografado e cumplindo as normativas legais actuais, incluíndo a posesión do permiso de manexo de fauna correspondente emitido polo organismo administrativo con competencias medioambientais de Galicia.